Publicador de contidos
Publicador de contidos

O proxecto da pirotecnia de Coaxe en Catoira segue adiante malia a oposición veciñal

O proxecto da pirotecnia de Coaxe en Catoira segue adiante malia a oposición veciñal

Os veciños afectados acusan o alcalde de baterlles coa porta nos fociños cando foron falar con el ao concello

Os afectados protestaron na porta do concello para facer chegar a súa mensaxe ao rexedor
G24.gal 27/09/2022 14:00

Despois de que o alcalde suspendera o último pleno, ao que tiñan previsto acudir todos os afectados para protestar, os veciños plantáronse no concello. Querían unha resposta ao que consideran unha falla de acción por parte rexedor.

Amosan a súa absoluta desconformidade pola construción no lugar de Coaxe dun almacén pirotécnico que conta coas autorizacións, tanto municipais, como autonómicas.

Segundo consta nun informe da Subdelegación do Goberno, Pirogal Pirotecnia sociedade limitada solicitou unha autorización para un taller con capacidade para seis toneladas de material. 

"Hai fotos de primeiro cando o soubemos e dixéronnos isto pode paralo. Quen? O alcalde. Poderá, pero non quere. Temos a casa a 500 metros dese alboio, que segundo o señor alcalde dixo que era un pendello para gardar apeiros de labranza. Mentira total".

"Eu teño un fillo e quero mirar polo seu ben, queren fomentar o de vivir no rural, pero nós non vivimos tranquilos tendo este perigo preto das nosas casas".

Consideran que é dunha fraude de lei e unha falsidade que inhabilita o permiso concedido polo Concello e piden que se derrube o construído se non respecta a lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade