O PSC gañaría as eleccións catalás a máis de 10 escanos de distancia de JxCat e ERC, segundo o CIS
O PSC gañaría as eleccións catalás a máis de 10 escanos de distancia de JxCat e ERC, segundo o CIS
O PP quedaría en cuarta posición con 13-14 deputados, seguido de Vox (8-9), Comuns Sumar (7-8) e CUP (5-7), mentres que Aliança Catalá podería irromper no Parlament (0-2)
O PSC de Salvador Illa gañaría as eleccións catalás do 12 de maio, con 39-40 escanos, por riba de JxCat (28-30) e ERC (27-28), que pugnarían pola segunda praza, segundo a enquisa preelectoral publicada este xoves polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
En cuarta posición situaríase o PP, con 13-14 deputados, seguido de Vox (8-9), Comuns Sumar (7-8) e CUP (5-7), mentres que Aliança Catalá, a formación de extrema dereita independentista que lidera a alcaldesa de Ripoll (Xirona), Sílvia Orriols, podería irromper no Parlament (0-2).
A enquisa foi realizada a partir de 8.905 entrevistas entre o 11 e o 22 de abril, segundo informou o CIS, a escasas horas de que arrinque a campaña electoral dos comicios cataláns.