Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG presenta os seus candidatos ás alcadías da comarca da Coruña

O PSdeG presenta os seus candidatos ás alcadías da comarca da Coruña

Estiveron arroupados polo secretario xeral do PSdeG e o voceiro do PSOE no Congreso

González Formoso e Patxi López situaron o emprego e a protección social como piares dos gobernos socialistas

G24.gal 04/03/2023 20:23 Última actualización 04/03/2023 20:40

O PSdeG avanza na presentación dos seus canditatos para as vindeiras eleccións municipais. Oleiros acolleu esta tarde un acto cos cabezas de lista ás alcadías de Cerceda, Culleredo, Arteixo, Cambre e Oleiros.

No encontro estiveron arroupados polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e polo voceiro do PSOE no Congreso, Patxi López. Os dous destacaron a transcendencia dos próximos comicios e situaron o emprego e a protección social como os piares dos gobernos socialistas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade