Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE defende que a reforma do Código Penal facilita a extradición de Puigdemont

O PSOE defende que a reforma do Código Penal facilita a extradición de Puigdemont

A exconselleira catalá fuxida en Bélxica, Clara Ponsatí, desafía o Supremo e anuncia que volverá a España, pero que non se presentará diante da tribunal

O PP acusa os socialistas de ceder as chantaxes dos independentistas

Os socialistas negan que a reforma do Código Penal despenalice a corrupción Os socialistas negan que a reforma do Código Penal despenalice a corrupción
G24.gal 13/01/2023 14:13

Os líderes independentisas fuxidos comezan a organizar o seu futuro tras o auto do maxistrado do Supremo Pablo Llarena. 

A exconselleira Clara Ponsatí desafía o Supremo. Anuncia que vai volver de Bruxelas a España pero que non se vai presentar diante do xuíz Llarena porque non o recoñece. 

Sobre Ponsatí pesa unha orde de busca e captura en España por un delito de desobediencia que non supón pena de prisión. 

Quen non volverá é o expresidente Puigdemont, que segue acusado dun delito de malversación que pode supoñer 12 anos de cárcere. Nunha mensaxe gravada asegura "que non volverá esposado, que loitará para volver libre". 

No PSOE, preocupa a repercusión electoral desta reforma do Código Penal. Esta mañá Pedro Sánchez reuniu a cúpula do PSOE e os seus ministros para preparar a estratexia. Insisten que a reforma do Código Penal vai permitir que o ex presidente Puigdemont responda diante da xustiza española de todos os delitos dos que está acusado e que "mesmo facilitará a súa extradición". 

Pero para o PP, esto forma parte dunha folla de ruta do independentismo no que o Goberno é un refén.  Os de Feijóo están seguros de que "o Goberno seguirá cedendo ás peticións de Esquerra e despois dos indultos e da reforma do Código Penal, chegará a negociación para un referendo". 

Queda por definir agora que pasará con Junqueras e os outros condenados en España. 
O maxistrado do Supremo pon sobre a mesa erros na reforma da malversación que evitarían rehabilitalos pero todo dependerá da interpretación que faga o tribunal que revise as súas sentenzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade