O Queen Victoria trae máis de 2.800 visitantes a Vigo
O Queen Victoria trae máis de 2.800 visitantes a Vigo
Outros catro cruceiros arribarán á cidade antes de fin de ano
Entre os múltiples turistas que hai hoxe en Vigo están os 1876 pasaxeiros que chegan a bordo do Queen Victoria e os case 950 tripulantes. Viñan de Lisboa e parten as catro e media da tarde cara a Southamton.
Mañá outro cruceiro de menor eslora pero máis luxo chegará a Vigo, o Bolette, eles sí que poderán gozar das luces de nadal, xa que parten ás 23.00 horas.
Entre as 75 escalas de cruceiros previstas este ano en Vigo o Queen Victoria de 295 metros de eslora xa empeza a ser unha silueta coñecida na cidade. É un dos tres colosos da Cunard con nomes de raíñas británicas.
Consignado a Pérez & Cía, algún dos seus 1876 pasaxeiros pasan en Compostela. Pero outros farán un toru polos sitios máis senlleiros da cidade.
A maioría dos cruceiristas deste buque proceden do Reino Unido. Algúns recuncan en Vigo por segunda ou terceira vez porque é unha escala clásica do eixe: Southampton, Canarias, A Madeira.
Antes de que remate o ano outros 4 cruceiros virán a Vigo, o último o día de noiteboa.