O Queixo de San Simón incrementa a produción un 29 % e abre novos mercados
O Queixo de San Simón incrementa a produción un 29 % e abre novos mercados
Empregaron case 6 millóns de litros de leite para elaborar 630.000 queixos
Os produtores din que se dispararon os custos de produción no último ano
Coma noutros sectores, a pandemia provocou un grande impacto no queixo de San Simón. Os datos do último ano danlles un respiro, xa que a produción subiu un 29 % e superou os 630.000 queixos certificados. Unhas cifras que mesmo melloran as de antes da pandemia.
Volveron as feiras e a hostalería e ademais o queixo de San Simón ten cada vez máis presenza internacional. Por iso cren que este ano vai ser aínda máis positivo en canto a vendas. Ademais, agardan dar pasos para incrementar o valor deste queixo.
Nese sentido, os produtores deste queixo vilalbés lembran que nos últimos tempos medrou de xeito considerable o prezo do leite e tamén o do plástico e o doutros materiais, o cal disparou os custos de produción.