Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing cae eliminado por un gol no minuto 117

O Rácing cae eliminado por un gol no minuto 117

Álex López adiantou o conxunto galego. O Albacete empatou de penalti e anotou o gol do triunfo cando xa se pensaba nos penaltis

G24.gal 30/11/2021 23:06

O Rácing caeu eliminado na prórroga ante o Albacete. Malia adiantarse no marcador e ser mellor durante moitos minutos, acabou perdendo o partido no 117. 

O primeiro tempo foi de dominio racinguista. Os de Cristóbal dominaron o encontro, Nathan marcou pero o colexiado anulouno por posición antirregulamentaria: no minuto 43, Álex López fixo xustiza ao visto sobre o campo marcando o primeiro gol do partido. 

A segunda metade mudou a tendencia. O Albacete saíu máis ambicioso e conforme pasaban os minutos meteu no seu campo o Rácing. Froito dese dominio chegou o gol do empate, nun penalti transformado por Éric Montes. Aínda tería algunha ocasión máis o equipo de Rubén de la Barrera, pero o partido rematou con empate e a eliminatoria encamiñouse cara á prórroga. 

No tempo suplementario, Dani Nieto tivo a grande oportunidade para que o Rácing levase a eliminatoria, pero foi no minuto 117 cando Dani González acertaba a meter o coiro na rede e o Albacete na seguinte rolda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos