O Rácing cae en Elda nun partido gris (2-0)
O Rácing cae en Elda nun partido gris (2-0)
Os de Cristóbal caeron con contundencia nun partido gris
Dumic e Juanto Ortuño foron os goleadores
O Rácing caeu na súa visita a Elda nun partido no que o conxunto local foi superior en todas as áreas e mesmo errou un penalti.
A primeira metade comezou sen moito ritmo e cun xogo moi trabado. Co paso dos minutos, o Eldense comezou a dominar o xogo e Dumic púxoo por diante nunha testada logo dun saque dende o curruncho. Desatouse entón o vendeval local, na seguinte xogada Clemente cometeu un claro penal por man, aínda que Timor enviou a pena máxima por riba do traveseiro. Unha xogada despois, un novo centro dende a prte dereita foi rematado fenomenalmente por Juanto Ortuño entre tres defensores racinguistas. A piques de chegar ao tempo de lecer, con cinco minutos de engadido, Iker Losada case acurta diferenzas cun gran disparo coa esquerda.
Na segunda metade, todo comezou igual. O Rácing intentando achegarse á portería rival, aínda que sen éxito. Cristóbal tentou atacar dando entrada a Nico Serrano e cun eléctrico Pinchi pola outra banda. O intento non tivo éxito e o conxunto local conseguiu defenderse con éxito e amarrou tres puntos que o manteñen na metade da táboa e afastado do descenso.
Pola súa parte, o Rácing cae e perde un pouco de corda con respecto ao ascenso directo, aínda que segue pelexando polos postos de 'playoff'.