O Rácing Vilalbés deixa escapar a vantaxe en Torrelavega (2-1)
O Rácing Vilalbés deixa escapar a vantaxe en Torrelavega (2-1)
O equipo chairego queda no posto de descenso despois de perder diante dun rival directo
Pablo Rey marcou un golazo de falta directa
Era un partido fundamental para as aspiracións de permanencia do Rácing Vilalbés. E durante moitos minutos foi por diante no marcador en Torrelavega grazas a un gran gol de falta de Pablo Rey. Na primeira metade a Ximnástica protestou un gol anulado a Basurto e o equipo local quedaba nunha situación comprometida.
Pero no segundo tempo saíron a por todas e meteu no seu campo o equipo chairego. Javi Delgado marcou o gol do empate e Unai Hernández fixo o segundo a menos de dez minutos para o final.
Santomé sostivo durante moitos minutos o Rácing e Álex Pérez gozou dalgún achegamento para levar un punto que sería moi importante. Para a vindeira xornada os de Vilalba perden a Nicholas, que foi expulsado.