O Rácing Vilalbés deixa vivo o F. C. La Calzada na Magdalena
O Rácing Vilalbés deixa vivo o F. C. La Calzada na Magdalena
O equipo galego adiantouse, e Pablo Rey desperdiciou un penalti
Madalin empatou o partido antes do descanso
O Rácing Vilalbés comezou a eliminatoria decisiva polo ascenso á Segunda RFEF cun empate diante de La Calzada. Foi nun encontro en que os de Simón Lamas dispuxeron das mellores ocasións, pero non foron quen de concretalas.
Axiña se puxo por diante o conxunto lugués, cunha acción a balón parado. Rematou o córner David Vérez para achegar un chisco máis o equipo ao ascnso.
Despois chegaría a acción que puido ser determinante. Un penalti a prol dos locais cando máis estaban dominando. Pablo Rey asumiu a responsabilidade, pero enviou o balón fóra.
O erro deille vida ao equipo visitante, que foi quen de cazar o empate antes do descanso. Duce fixo a xogada, e o balón rexeitou en Madalín e acabou na rede. A acción foi moi protestada polos locais, que pediron fóra de xogo. Tamén pediron un penalti sobre Marcos Álvarez, nunha acción clara que o colexiado non sinalou.
O empate a uns deixa a eliminatoria aberta antes do decisivo partido de volta en Santo Domingo de la Calzada.