O Racing Vilalbés leva un duro correctivo no campo do Cayón (3-0)
O Racing Vilalbés leva un duro correctivo no campo do Cayón (3-0)
Segunda derrota consecutiva do equipo chairego nun partido contra un rival directo
O Racing Vilalbés non estivo atinado no campo do Cayón, un rival directo pola permanencia que se atopaba en postos de descenso. É a segunda derrota consecutiva do equipo chairego, a peor serie desde o inicio da temporada.
O partido torceuse desde o principio. O gol marcado por Montiel nada máis comezar definiu o que aconteceu no partido. O Racing Vilalbés tivo que arriscar cando buscaba un encontro para xogar á contra e o Cayón atopou o que mellor lle viña ao seu fútbol.
Antes do descanso, Villar marcou o segundo e nada máis principiar a segunda parte Cañizo anotou o terceiro. Sen opcións para algo positivo, o equipo de Simón Lamas buscou cando menos o gol da honra, que non chegou malia o dominio.