A Xunta mantén que a lei galega do litoral garante o futuro e respecta o medio

O conselleiro do Mar considera que o recurso ante o Tribunal Constitucional é unha falta de respecto á cidadanía

Mantén que supón un impedimento para desenvolver proxectos sostibles e respectuosos co medio

G24.gal 11/11/2023 14:52 Última actualización 11/11/2023 18:07

conselleiro do Mar cualifica de "falta de respecto" o recurso de constitucionalidade presentado polo Goberno central á lei de ordenación do litoral.

Asegura Alfonso Villares que o recurso presentado crea inseguridade. A lei foi aprobada polo Parlamento Galego sen ningún voto en contra, e foi deseñada apoiándose en expertos en dereito administrativo. 

Subliña que o respecto ao medio é un dos eixos da lei, que busca garantir o futuro das comunidades costeiras e dos homes e mulleres que viven da actividade marítimo-pesqueira. No litoral está asentada máis da metade da poboación de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos