Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei di que Europa "é e debe ser un referente moral" ante os conflitos globais

O rei di que Europa "é e debe ser un referente moral" ante os conflitos globais

Filipe VI inaugurou en Palma a Conferencia de Presidentes de Parlamentos Europeos

G24.gal 22/04/2024 14:27

O rei referiuse á guerra en Ucraína e á situación en Oriente Próximo durante a inauguración da Conferencia de Presidentes de Parlamento Europeos en Palma de Mallorca. Un encontro que completa os actos da presidencia española da Unión, e que reúne durante dous días os representantes das cámaras europeas.

Filipe VI defendeu o papel de Europa como referente moral ante a ameaza dos conflitos bélicos: "Hoxe a historia devólvenos a peor das súas caras, a guerra volveu de novo ás portas de Europa. E lembramos que Europa, con vontade, autoridade e humildade, é e debe ser un referente moral, amais dun actor xeopolítico forte, autónomo e aberto á cooperación internacional".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade