Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei envía as súas condolencias a Galicia polo accidente de autobús

O rei envía as súas condolencias a Galicia polo accidente de autobús

Rueda reiterou o pésame ás familias e tamén lle desexou unha pronta recuperación á supervivente que continúa ingresada

Autobús accidentado no río Lérez en Pontevedra Autobús accidentado no río Lérez en Pontevedra
G24.gal 26/12/2022 18:15 Última actualización 26/12/2022 19:39

O rei enviou este luns as súas condolencias a todos os galegos polo accidente en que sete persoas morreron ao caer un autobús ao río Lérez á altura de Cerdedo-Cotobade en Pontevedra. Filipe VI enviou a mensaxe a través dunha chamada telefónica realizada pola mañá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

“Pediume que transmitira a todos os galegos o seu pesar polo accidente”, así como a súa "solidariedade coa familia e os achegados das vítimas”, explicou Rueda. 

Pola súa banda o mandatario galego reiterou as súas condolencias e as de todo o Goberno autonómico e tamén lles trasladou o seu desexo dunha pronta recuperación á supervivente que continúa ingresada. O condutor do autobús xa recibiu a alta hospitalaria nesta xornada.
 

O presidente da Xunta amosou o seu agradecemento aos profesionais dos servizos de emerxencia e seguridade amosando a súa profesionalidade nun día especialmente complicado. O operativo saldouse finalmente con sete mortos e dous superviventes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade