O rei Filipe advirte en Italia que hai pasados que non deben repetirse
O rei Filipe advirte en Italia que hai pasados que non deben repetirse
Discurso histórico nunha sesión conxunta do Congreso e o Senado italianos
Os reis reuníronse co presidente Mattarella e a primeira ministra Meloni
A segunda e intensa xornada da visita de Estado dos reis de España a Italia comezou no Palacio do Quirinal, onde os monarcas foron recibidos polo presidente Mattarella.
Filipe VI agradeceu as mostras de condolencia que lle fixeron chegar pola traxedia de Valencia. E lembrou a tradicional irmandade entre os dous países que o próximo ano conmemorarán 160 anos de relacións diplomáticas.
Despois os reis foron recibidos pola primeira ministra Giorgia Meloni, coa que almorzaron antes de que Filipe VI se dirixira aos parlamentarios italianos. Era a primeira vez que un xefe de estado estranxeiro daba un discurso nunha sesión conxunta do Congreso e o Senado.
Alí expresou a súa inquedanza pola erosión e cuestionamento que sofren os tratados, institucións e foros internacionais nun contexto global volátil. E pediu traballar para revertelo.
"Somos países con memoria e cunha clara conciencia do pasado, en particular do que non pode nin debe repetirse nin sequera como caricatura", dixo o monarca.
A segunda xornada desta visita de Estado pechouse coa cea de gala ofrecida polos anfitrións. Tras Roma, a seguinte parada será en Nápoles, unha cidade que atesoura a historia compartida dos dous países.