O rei Xoán Carlos regresará a vindeira semana a Galicia para competir en Sanxenxo
O rei Xoán Carlos regresará a vindeira semana a Galicia para competir en Sanxenxo
O rei emértio participará co Bribón na categoría de 6 metros
O rei Xoán Carlos regresará a Galicia a vindeira semana, para competir nunha regata da clase 6 metros na localidade pontevedresa de Sanxenxo.
O Real Club Náutico do mesmo concello acolle a primeira proba do VI Circuito Liga Española 2024 da clase 6 metros, que contará con outras seis regatas máis entre os meses de marzo e novembro.
O Bribón figura como embarcación rexistrada para a proba que se celebrará a fin de semana do 16 e 17 de marzo.
O rei emérito aterrará en Vigo uns días antes da proba, o vindeiro mércores. Está previsto que don Xoán Carlos participe nas seguintes probas de 6 metros en Sanxenxo, localidade que acollerá entre o 27 de setembro e o 5 de outubro o campionato de España desa clase
O emérito e a tripulación do Bribón son os vixentes campións europeos e mundiais.