Un reto de máxima esixencia para o Celta
Un reto de máxima esixencia para o Celta
O equipo vigués recibe este sábado (21:00 horas) o líder Barcelona que chega sen Yamal
O Celta recibe este sábado o líder Barcelona en Balaídos. Será o reto máis esixente para o equipo de Giráldez que estivo a moi bo nivel contra o Atlético e o Real Madrid pero non puido sacar nada positivo.
Ao Celta non se lle deu nada mal recibir o Barcelona nestas últimas temporadas. Puntuou en sete dos últimos nove enfrontamentos en Liga, case sempre con Iago Aspas como protagonista. O capitán marcou 11 goles nos 19 partidos que xogou contra os cataláns sendo a súa vítima preferida xunto ao Athlétic.
Logo de caer diante da Real Sociedade en Anoeta o equipo de Flick afronta un partido trascendenttal para manter a vantaxe co Real Madrid. O equipo branco, xunto co Atlético foron os únicos capaces de gañar en Balaídos desde que Giráldez se fixo cargo do banco celeste.
Claudio ten claro o plan de partido para derrotar a un rival que defende momi arriba. Quitarlle a pelota e aproveitar os espazos ás costas da defensa son factores que queremos explotar o Celta que podería saír con Aspas, Williot e Borja Iglesias como o trío de dianteiros.