Publicador de contidos
Publicador de contidos

Envían dende Galicia outro robot para buscar o Vilaboa Uno

Envían dende Galicia outro robot para buscar o Vilaboa Uno

O robot que busca o Vilaboa Uno toca fondo a 130 metros de profundidade

Enterran un dos mariñeiros falecidos entre grandes mostras de dor

Identificado o corpo do pescador de Ghana falecido no naufraxio e buscan a familia

G24.gal 06/04/2023 12:30

O operativo de rastrexo do pesqueiro Vilaboa Uno vai incorporar un segundo robot capaz de actuar en condicións difíciles de mar e corrente, despois de que o semisomerxible da Garda Civil que traballa na zona non atopase o arrastreiro.

A requirimento xudicial, vai reforzar o dispositivo de procura co robot Comanche de Salvamento Marítimo. Xa se está preparando no porto de Ferrol o buque Don Inda, no que se embarcará o Rov Comanche, de cuxa incorporación ao dispositivo informou a Delegación do Goberno en Cantabria.

O Rov Comanche está en proceso de instalación un proceso que "pode levar varios días", aos que posteriormente hai que sumar o traslado vía marítima a Santander.

O buque Don Inda será a plataforma de operacións desde onde se manexará o Rov para inspeccionar a zona do afundimento do barco cántabro.

Na súa cuberta instalarase unha cabina de control desde a que se supervisarán e controlarán as operacións submarinas de procura do mariñeiro desaparecido.

Ademais, inspeccionarase a zona para avaliar unha posible contaminación procedente do pesqueiro afundido.

Características do Rov Comanche

O Rov Comanche, cun peso de 1.200 quilogramos, está configurado para traballar nunhas condicións meteorolóxicas que non superen os 25 nós de vento e un estado da mar de forza catro na escala de Beaufort.

Dispón de sete propulsores, catro no plano horizontal e tres verticais, cos que consegue unha velocidade de tres nós e unha carga útil -capacidade para transportar peso- de 250 quilogramos.

Conta con catro cámaras (dous delas en soportes motorizados), un sónar de procura cun alcance máximo de 300 metros, un soar-altímetro que chega aos 50 metros, un profundímetro e unha baliza de escintileos para a súa localización en superficie. Así mesmo conta con dous brazos hidráulicos e un cortacables de guillotina.

A enerxía e as ordes envíanse mediante un mando a distancia a través do cable ao Rov, que á súa vez transmite a imaxe das cámaras de vídeo e datos dos sensores e dos sónares ao centro de control do buque en superficie.

Isto faise despois que que o robot da Garda Civil tocara fondo na mañá deste xoves a uns 130 metros de profundidade na zona do naufraxio. Pero no foi capaz de superar as condicións do mar para identificar o estado do buque afundido, onde se cre que podería estar Walter Ferreiro, o mariñeiro de orixe peruana desaparecido. 

Axentes da Garda Civil tentaron operar onte, mércores, este robot da Unidade de Actividades Subacuáticas na zona onde se atopa o Vilaboa Uno, pero tiveron que desistir porque as condicións do mar tamén eran pouco favorables.

Ademais, continúa a procura do desaparecido na superficie coa Salvamar Deneb e a patrulleira da Garda Civil río Aller e desde o aire co helicóptero da Garda Civil e o Helimer 202 de Salvamento Marítimo.

Mentras o Barrio Pesqueiro de Santander despediu este Xoves Santo a Francisco San Pedro Faleato 'Fali', un dos dous mariñeiros falecidos por hipotermia este luns no naufraxio do pesqueiro. Unha cerimonia dolorosa, na que amigos, compañeiros, veciños e familiares deron o último adeus ao mariñeiro santanderino, moi coñecido na zona, na igrexa da Virxe do Carmen, patroa do barrio e de todos os mariñeiros.

O outro mariñeiro falecido xa foi identificado e búscase aos seus familiares. Nesa tarefa está a colaborar a Embaixada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade