O sector turístico galego ten boas expectativas para setembro
O sector turístico galego ten boas expectativas para setembro
As localidades con máis demanda aínda non aprecian o cambio de quenda vacacional
Sanxenxo segue cheo de turistas nesta última fin de semana de agosto. Entre este sábado e o domingo moitos poñen fin ás súas vacacións e regresan á casa, pero continúan chegando visitantes novos.
No conxunto de Galicia esperan unha ocupación hoteleira en setembro de entre o 40 e o 60 %. Pero nos destinos con maior demanda, coma este de Sanxenxo, contan con superar con moito esas porcentaxes.
"A primeira quincena de setembro está roldando o 100 % e o cómputo total debería andar polo 82 ou o 85 % de ocupación"
A directora de Turismo da Xunta di que o sector tamén é optimista respecto dos próximos meses.
"En principio polo que nos transmiten, as expectativas son moi boas"
A comunidade converteuse este verán no sétimo destino turístico máis solicitado de España.