Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Senado aproba a reforma da lei do aborto e a lei trans

O Senado aproba a reforma da lei do aborto e a lei trans

Volverán emendadas ao Congreso para a súa ratificación definitiva

Non prosperaron os vetos do PP e de Vox ás dúas leis

G24.gal 08/02/2023 21:56 Última actualización 08/02/2023 22:58

A ministra de Igualdade defendeu a reforma da lei do aborto. Asegurou que sen dereitos sexuais e reprodutivos a muller non é cidadá de pleno dereito.

"Vai permitir que todas as mulleres poidan interromper o embarazo no centro sanitario público máis próximo ao seu domicilio. Tamén que as mulleres de 17 anos poidan interromper o seu embarazo voluntariamente sen tutelas, como fan con calquera outro procedemento médico", explicaba Irene Montero.

Vox di que esta reforma promove a cultura da morte. O PP critica que elimine o período de reflexión e sobre todo que as embarazadas de 16 e 17 anos poidan abortar sen permiso paterno.

"Entendemos que prescindir do coñecemento e do consello dos pais nun momento dramático non é o máis axeitado para a menor e incumpre a esixencia do Código Civil no relativo á patria potestade", aseguraba o senador do PP Antonio Román. 

O Senado tamén aprobou a chamada lei trans, que permitirá o cambio de sexo no rexistro desde os 16 anos sen tratamentos nin informes médicos e psicolóxicos. Entre os 14 e os 16 anos, con apoio paterno, e só con intervención xudicial entre os 12 e os 14 anos. Como ocorreu coa reforma da lei do aborto, non prosperarán senllos vetos do PP e de VOX.

"Sabemos cara a onde van vostedes, señores e señoras do Partido Popular. Van involucionando ao ritmo que lles marca Vox", dixo a senadora socialista Ana Agudíez.

Para o Partido Popular, a norma borra dereitos adquiridos polas mulleres. E alerta dos seus riscos xudiciais, que compara cos da lei do só si é si.

"Esta lei non só borra as mulleres, cousifica os gays, lesbianas e bisexuais. E é unha desfeita xurídica", argumentou o senador do PP Jaime de los Santos.

Coa emendas aprobadas no Senado, tanto a reforma da lei do aborto como a chamada lei trans volverán ao Congreso para a súa ratificación definitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade