O Sergas chama ás persoas con patoloxías de risco a poñer a cuarta dose
O Sergas chama ás persoas con patoloxías de risco a poñer a cuarta dose
Un 74 % das persoas maiores de 60 anos acudiron a poñer a cuarta dose da vacina
A primeira campaña da gripe en poboación infantil remata cun 54 % de cobertura
A situación epidemiolóxica da covid é estable nestes momentos, pero o número de persoas hospitalizadas co virus segue por enriba das 120 en Galicia. Por iso, desde o Sergas, continúan facendo un chamamento para que as persoas de risco acudan a vacinarse e ampliaron a axenda de citas nos hospitais.
Hai algo máis dunha semana a Consellería de Sanidade facía un chamamento á vacinación contra a covid para aquelas persoas que non tivesen posta aínda a cuarta dose. Ampliáronse os horarios nos puntos de vacinación e nos hospitais principais estendéronse as citas tamén aos domingos.
"É certo que as persoas de 60 e máis anos teñen xa unha boa cobertura. Estamos nun 74 % e é certo que nas últimas semanas a raíz da mensaxe e demais recibimos máis xente por debaixo desta idade. Parece que se están animando un pouco a vacinarse. Cómpre recordarlles a aquelas persoas por debaixo de 60 anos que teñan algunha patoloxía de risco que é máis importante que estean vacinados".
Outra campaña de vacinación, a da gripe, rematou xa con resultados que segundo confirma o Sergas superaron os de anos anteriores, cunha cobertura que chegou ao 77 % en persoas maiores de 65 anos e coa novidade da vacina para os máis pequenos.
"Nos nenos de 6 a 59 meses foi realmente un resultado moi bo para ser a primeira vez e acadamos un 54 % de cobertura. Prevíase que por enriba dun 40 % xa ía ser bo resultado e superámolo notoriamente".
Desde o Sergas valoran que foi unha medida de protección importante nun ano de alta incidencia alta de virus respiratorios nos cativos.