Cargando resultados...
O Sergas prioriza as probas urxentes ante a folga de transportes
O Sergas prioriza as probas urxentes ante a folga de transportes
Sanidade toma medidas para minimizar o impacto ante posibles problemas de subministración
G24.gal
19/03/2022 19:44
A folga de transportes aféctalle tamén á subministración de material que precisa o Servizo Galego de Saúde.
A Consellería de Sanidade priorizará as probas urxentes e está a adoptar medidas que minimicen ao máximo o impacto deste paro.
O Sergas buscou alternativas ao transporte habitual e axilizou as acreditacións ás empresas de mensaxería nas que se advirte dun xeito específico que transportan material sanitario.