Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas ultima o borrador para flexibilizar a compatibilidade dos médicos na privada

O Sergas ultima o borrador para flexibilizar a compatibilidade dos médicos na privada

Poderán traballar en hospitais concertados, sempre que non atendan doentes derivados da pública

G24.gal 18/01/2023 13:51

A Xunta ultima o borrador da norma que flexibilizará os requisitos para que os médicos do Sergas poidan traballar na privada. O presidente do Goberno galego Alfonso Rueda confirma que está a punto de pecharse o acordo cos colexios médicos que permitirá aos profesionais do Sergas exercer en hospitais concertados sempre que non atendan directamente doentes derivados da pública.

Esta é unha antiga demanda dos profesionais e un dos temas que centraron a reunión que mantivo Rueda cos presidentes dos Colexios Médicos de Galicia o pasado mes de novembro. Xa daquela a Xunta se comprometera a cambiar unha normativa que só existe en Galicia e que provoca que moitos médicos pidan excedencias no Sergas para traballar a tempo completo na privada.

En declaracións aos medios este mércores en Culleredo, o presidente insistiu en que cómpre cambiar a norma, "coa liña vermella" de que non atendan pacientes que tratan nos hospitais públicos. Un dos obxectivos desta medida é paliar a falta de médicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos