O Sevilla prolonga o idilio coa Europa League e elimina o Manchester
O Sevilla prolonga o idilio coa Europa League e elimina o Manchester
Gañou no partido de volta por 3-0 con goles de En Nesyri (2) e Badé
Enfrontarase á Juventus nas semifinais
O Sevilla, gañador da Europa League en seis ocasións, mantén o seu idilio coa competición continental e mantén a ilusión de lograr o sétimo galardón logo de eliminar un dos grandes favoritos para facerse co título, o Manchester United.
O milagreiro empate da ida (2-2, con dous goles nos últimos minutos) tivo prolongación nun gran comezo de partido. O gol de En Nesyri antes do dez facía medrar a confianza dos de Mendilibar.
¡Fallo descomunal de Maguire y el Sevilla lo aprovecha!
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 20, 2023
Se viene abajo el Sánchez-Pizjuán. #UEL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/EhDxcOYexw
Do Manchester houbo moi poucas novas en ataque. Antes do descanso, Ocampos marcou, pero o colexiado anulouno a instancias do VAR. O segundo tardou en chegar catro minutos despois do tempo de descanso. Foi o central francés Badé o que atopou o oco cun remate de cabeza que entrou pegado ao traveseiro.
La Giralda presume orgullosa de ver este PARTIDAZO del Sevilla.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 20, 2023
¡El segundo gol! #UEL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/Z1koAxTm6C
De aí ao final tocou un exercicio defensivo brillante. O Manchester nunca estivo en disposición de remontar ante un equipo que pasou moitas penurias esta temporada pero que chega ás roldas finais da súa competición fetiche. O terceiro tanto do partido, segundo de En Nesyri, redondeou unha noite máxica.
Fallo garrafal de David de Gea.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) April 20, 2023
El Sevilla manda un mensaje a Europa: ¡Estamos aquí!#UEL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/OIaL6dRhGB