Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sevilla vai á procura da súa sétima Europa League

O Sevilla vai á procura da súa sétima Europa League

Enfrontarase ao Roma, adestrado por José Mourinho

As outras seis finais que xogou conseguiu gañalas

G24.gal 30/05/2023 20:39

As afeccións de Sevilla e Roma cítanse en Budapest horas antes da final da Europa League. As expectativas son altas para os andaluces, que poderían facerse co seu sétimo título europeo. Uns trece mil sevillistas estarán no Puskas Arena.

Os andaluces están ante unha oportunidade histórica, máis meritoria aínda pola evolución do equipo esta temporada. Fernando será dúbida ata última hora. Acuña, sancionado, non xogará. Mendilíbar manexa con destreza os datos: o Sevilla nunca perdeu unha final.

Tras eliminar da competición a xigantes como o Manchester United e a Juventus, Mendilibar desliga o seu futuro do que pase en Budapest.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar