Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os bancos españois din contar cun 25 % máis de reservas das que esixe o BCE

Os bancos españois din contar cun 25 % máis de reservas das que esixe o BCE

Expertos economistas apuntan un novo proceso de concentración bancaria en Europa

G24.gal 21/03/2023 14:26

O sector bancario apunta un pequeno respiro. "Parece que volve a calma unha vez coñecida a intervención dos bancos centrais de inxectar liquidez ao sistema bancario", cre Francisco Sánchez Martín, director de Renta4.

En España o sistema bancario é sólido e ofrece garantías de liquidez. É a mensaxe que se ven repetindo na última semana tras da crise financeira que se iniciaba nos Estados Unidos. A banca española conta cunha garantía que supera os 213 mil millóns de euros, un 25 % máis do que esixe o Banco Central Europeo.

"O control que se levou a cabo despois da crise de 2008 é moitísimo máis exhaustivo", asegura María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC.

Con todo os expertos advirten que poderiamos estar diante dun novo proceso de concentración bancaria en Europa.

"Hai determinadas entidades financeiras de tamaño medio que posiblemente vaian acabar en mans dos grandes. Estamos asistindo a unha grande concentración bancaria", conclúe Cadaval.

E apuntan a bancos de maior tamaño e con máis resistencia nun mercado con menos competencia para o cliente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade