Publicador de contidos
Publicador de contidos

O soño da promoción do Racing desvanécese aos poucos

O soño da promoción do Racing desvanécese aos poucos

Os de Parralo fixeron un exercicio de resistencia, pero o Tenerife logrou perforar a portería ferrolá

G24.gal 05/05/2024 22:46

A Liga Hypermotion é a máis axustada que poida existir. O Racing de Ferrol chegaba, tras xogarse a xornada, como úndecimo ao Estadio Heliodoro Rodríguez López e en caso de vitoria ascendería ata a oitava praza empatado co sétimo, co sexto e co quinto, así que, acadar os tres puntos en Tenerife era vital para non arredarse dos postos de promoción.

O Racing tentou por todas as vías facerse co control do partido, pero o Tenerife víase máis cómodo e as ocasións sucedíanse unha detrás doutra. Ángel, con ata tres ocasións moi claras, e Enric Gallego non deron anotado ocasións das que un se acorda co paso do tempo, e é que o fútbol non agarda por ninguén. Ao descanso, o Ferrol mantiña o resultado, que, por como transcorreu a primeira metade, podía verse como un milagre. 

A segunda metade comezaba mellor para o Racing cunha gran cabezada de Álvaro Giménez e co equipo un pouco máis asentado no partido. Pero eses dez minutos foron como un espellismo, o Tenerife volveu contar con dúas grandes ocasións, un man a man de Ángel e un non remate á saída dun córner, e seguía resistindo o Racing. Pero o fútbol ás veces é xusto, e chegou o gol do Tenerife, un xarro de auga fría que rompeu o equipo. Poucos minutos despois, chegaría o definitivo 2-0, que aparta o Racing deses postos de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade