Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo desbota os recursos contra os indultos do 'procés'

O Supremo desbota os recursos contra os indultos do 'procés'

O órgano xudicial toma a decisión ao estimar a falta de lexitimación activa alegada pola Avogacía do Estado

G24.gal 20/01/2022 18:07

O Tribunal Supremo desbotou todos os recursos, particulares e dos partidos, contra os indultos aos líderes independentistas de Cataluña en prisión, ao estimar a falta de lexitimación activa alegada pola Avogacía do Estado.

A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal adiantou a senteza dos autos, un contido que se coñecerá nos vindeiros días, tras deliberar as alegacións previas formuladas pola Avogacía do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade