O tempo frío anima as rebaixas coa compra de pezas de abrigo
O tempo frío anima as rebaixas coa compra de pezas de abrigo
Os consumidores teñen a oportunidade de comprar a mellor prezo
O frío destes días disparou a venda de roupa de abrigo, coincidindo coa campaña de rebaixas no comercio. Os consumidores teñen a oportunidade de comprar a mellor prezo e os comerciantes de vender as pezas de roupa que quedaran nos estantes debido ás suaves temperaturas deste outono.
A meteoroloxía é un factor que marca o nivel de vendas nas tendas de roupa e calzado e este ano o frío en Galicia esperou polas rebaixas. Unha oportunidade para os consumidores e excelente para os comerciantes.
Maite Pérez, comerciante de Lugo, di que estes días nótase un importante crecemento nas vendas de prendas térmicas e de abrigo. A xente busca especialmente calcetíns, gorros e luvas.
Prendas de roupa de nova adquisición ás que se poderá dar saída mentres o tempo dure así. O mellor é abrigarse e buscar o lado onde dea o sol.