Publicador de contidos
Publicador de contidos

O thriller 'Nueva tierra', rodado integramente en Galicia, estréase no OUFF

O thriller 'Nueva tierra', rodado integramente en Galicia, estréase no OUFF

Participa na sección competitiva Panorama Galicia, unha das novidades desta edición

Esta tarde, tamén se proxectou o documental sobre María Casares que compite na mesma sección

Equipo de 'Nueva tierra', antes da estrea no Teatro Principal
G24.gal 03/10/2023 21:09 Última actualización 03/10/2023 21:20

María Casares, a gran dama galega do teatro, esquecida e ignorada pola súa traxectoria no exilio francés, foi a primeira protagonista da tarde. No Teatro Principal proxectouse o documental que Xavier Villaverde anticipara xa no OUFF do ano pasado.

Xavier Villaverde, director de 'María Casares, a muller que viviu mil vidas': "A miña experiencia é que a xente que ve a película por primeira vez e non coñece a María Casares queda absolutamente flipada. É unha mestura de intelectualidade, interpretación, humanidade, emoción...".

O Teatro Principal foi tamén o espazo elixido para a estrea de Nueva tierra, unha película que compite na sección Panorama Galicia e que se proxecta en primicia no festival.

Mario Pagano, director de 'Nueva tierra': "Un thriller de fantasía que fala sobre o retorno ás orixes. Galicia foi unha paisaxe e un territorio espectacular para poder contalo".

Iván Sánchez, actor protagonista: "É unha película que transcorre na natureza salvaxe de Galicia. Non hai civilización".

Á estrea, que encheu as butacas do Principal, asistiron tamén algúns dos actores. Imanol Arias explicaba o que significou para el este papel.

Imanol Arias, actor: "Facer esta película é un capricho emocional. Estaba moi centrado en 'Cuéntame' e en Willy Loman e quería tapar a Antonio Alcántara".

Sete documentais e catro películas de ficción compiten na sección Panorama Galicia, a gran novidade da 28.ª edición do OUFF.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade