Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tren entre Ourense e Santiago, cortado ata o martes coa alternativa de autobuses

O tren entre Ourense e Santiago, cortado ata o martes coa alternativa de autobuses

O tráfico ferroviario estará interrompido entre este sábado e o luns por probas para instalar o sistema de seguridade ERTMS

Os usuarios dos trens Avant e Alvia entre Ourense e Santiago deberán chegar ao seu destino por estrada

Viaxeiros do tren toman en Ourense o autobús cara Santiago
G24.gal 22/04/2023 16:28

A instalación do sistema de freado ERTMS entre a estación de Santiago e a de Ourense mantén a vía cortada dende este sábado ata o luns incluído.

As obras obrigaron a Renfe a artellar un servizo de transporte alternativo por estrada, o que aumenta a duración da viaxe. Uns dez autobuses saíron na mañá deste sábado dende a estación compostelá a Ourense. Os viaxeiros non poden subir mascotas nin bicicletas.

As modificacións afectan tamén os horarios. Por exemplo, o primeiro Avant da Coruña adianta a saída ás catro da mañá e chega á estación de Ourense "a tempo para a conexión co AVE a Madrid das seis e media".

Renfe ofrece a posibilidade de anular ou cambiar os billetes sen custo.

Líbranse do “plan B” os Alvia con destino Vigo, posto que os convois viaxarán pola liña do Miño. Os que teñen o seu remate en Lugo xa transbordan en Ourense desde hai meses, debido ás obras de renovación do ferrocarril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade