Publicador de contidos
Publicador de contidos

O uso do teléfono persoal no traballo pode ser motivo de despedimento

O uso do teléfono persoal no traballo pode ser motivo de despedimento

Varias sentenzas avalan despedimentos por estes motivos, sempre que a prohibición sexa notificada ao traballador e este a incumpra repetidamente

G24.gal 04/04/2024 14:12

O uso do teléfono móbil privado en horario laboral pode ser obxecto de sanción e incluso de despedimento. Hai sentenzas que así o avalan, sempre que a empresa comunicase ao traballador a prohibición expresa do seu uso e recibise varias amoestacións por transgredir a norma.

Case todos botamos unha ollada ao móbil en horas de traballo. Poden ser uns minutos para comprobar mensaxes ou pode acabar representando unha parte importante do tempo da xornada laboral. "Hai que estar continuamente dicíndolles aos empregados que garden o teléfono", di unha empresaria.

A xente nova leva a sona de ser a que máis tempo perde co móbil. "Pode ser que os mozos esteamos máis pendentes do teléfono pero no traballo non o deberiamos de facer", di unha moza. "Depende da persoa, di outra, hai xente que está moito tempo co teléfono e a idade non ten nada que ver. É unha cuestión de personalidade ou de decisión".

Aínda que iso non sempre é así, hai empresarios que prefiren contratar traballadores de máis de 40 anos para que non gasten o tempo co teléfono. "Hai 15 ou 20 anos non tiñamos esta tecnoloxía e non estamos tan acostumados", cóntanos un home de mediana idade. 

Recentemente un supermercado da Mariña despediu un traballador por ignorar as amoestacións para que non mirase o móbil mentres traballaba. "Se te están avisando e estás seguido, seguido e non fas caso, é normal que te despidan".

Varias sentenzas avalan despedimentos por estes motivos, sempre que a prohibición sexa notificada ao traballador e este a incumpra repetidamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade