Publicador de contidos
Publicador de contidos

O viaduto do Castro, na A-6, terá que ser reconstruído por completo nos dous sentidos da circulación

O viaduto do Castro, na A-6, terá que ser reconstruído por completo nos dous sentidos da circulación

Algúns dos piares da estrutura non valen. O delegado do Goberno di que este contratempo non cambia os plans do Goberno de reabrir o viaduto sentido Madrid este ano

Este xoves comezaron os traballos de desmontaxe dos taboleiros

G24.gal 02/02/2023 14:31

Novo revés para a apertura da A-6 en Pedrafita. Tamén hai que reconstruír parte da ponte que quedou en pé, a de sentido Madrid. Inicialmente neste viaduto íanse cambiar os taboleiros, pero tamén se detectaron danos no piar central. O Goberno di que este contratempo non cambia os plans de reabrir o viaduto.

"O obxectivo segue sendo o mesmo, que ao longo deste ano podamos recuperar o tráfico a través de ese viaduto sentido Madrid en dobre dirección como estabamos anteriormente ao colapso", di o delegado do Goberno, José Miñones.

A previsión do Goberno era reabrir o viaduto en verán. Sectores como o do transporte  agora non o ven posible.

"Entendemos que con este plan novo non se vai executar o viaduto no verán do 23, vamos estar sen os dous viadutos todo o ano. Como van continuar? Co mesmo proxecto ou agora o plan é facer os dous viadutos ao mesmo tempo para recuperar o tempo perdido", explica José Fernández, presidente de Tradime.

Tamén teñen dúbidas en Pedrafita, que tras o corte na A-6 sofren o paso de todo o tráfico rodado. Cren que isto o complica todo. 

"Estamos vendo cruzar camións todo o tempo", di un veciño, outra engade: "Sempre tiven negocio, se pasan os camións é bo para o negocio"; os que non se acostuman son os que pasan o día na estrada: "Perdes 20 minutos e para nós 20 minutos pode marcar a diferenza entre chegar a un sitio ou a un cliente, é complicado o tema", asegura un repartidor.

O Goberno galego e o de Castela e León solicitaron ao ministerio unha nova reunión para coñecer máis datos sobre a situación actual da que é unha das principais conexións de Galicia coa Meseta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade