Cargando resultados...
O viaduto do Castro reabrirá ao tráfico o vindeiro 30 de decembro en sentido Madrid
O viaduto do Castro reabrirá ao tráfico o vindeiro 30 de decembro en sentido Madrid
En dirección Galicia o tráfico seguirá desviandose pola Nacional VI
G24.gal
19/12/2023 13:15
O viaduto do Castro na A-6 en sentido Madrid reabrirá o tráfico o vindeiro 30 de decembro. En dirección Galicia o tráfico seguirá desviándose pola Nacional VI durante parte do traxecto mentres non remata a reconstrución do outro viaduto en sentido á Coruña, que segue sen data de apertura. As obras contan cun investimento de 70 millóns de euros.
Anunciouno Xosé Ramón Gómez Besteiro, presidente da Comisión de Transportes no Congreso, que visitou esta mañá as obras. Subliñou que o Goberno cumpre así cos prazos previstos.