Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pola anuncia a súa retirada:"Non é doado dar o paso, pero a decisisón está meditada"

Pola anuncia a súa retirada:"Non é doado dar o paso, pero a decisisón está meditada"

No seu palmarés en clubs atópanse 2 UEFA Futsal Cup, 6 Ligas, 5 Copa de España, 2 Copa do Rey, 6 Supercopas de España e 2 Copa Galicia

G24.gal 26/03/2024 16:00 Última actualización 26/03/2024 19:35

Adrián Alonso Pereira, Pola, (Vigo, 26/06/1988), anunciou este martes a súa retirada do fútbol sala a final de temporada

Pola comezou a súa carreira no Redondela FS, antes de dar o paso ao Autos Lobelle Santiago, no que, tras unha breve estancia no FS Nazareno, asentouse como un das maiores promesas do fútbol sala nacional da man do que volverá ser o seu adestrador en Noia, Tomás de Dios.

Iso valeulle o seu pase a todo un Movistar Inter, en que en 10 anos creceu ata transformarse no capitán xeral dun dos mellores equipos da historia, facéndose tamén imprescindible na Selección Española coa que levantou o Europeo de 2016, anotando 2 goles na final.

"Non é doado dar o paso, pero desde que tomei a decisisón todo foi mellor"

"Confío en que rematemos o mellor posible"

"Será especial o último partido ante o Inter Movistar"

No seu palmarés en clubs atópanse 2 UEFA Futsal Cup, 6 Ligas, 5 Copa de España, 2 Copa do Rei, 6 Supercopa de España e 2 Copa Galicia, o que representa á perfección a súa experiencia e carácter gañador, ao que tamén suma un xene para o liderado que demostrou ao longo da súa carreira.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar