Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obrígana a retirar a cuberta dunha escaleira en Cambre porque incumpre a distancia coa estrada nacional

Obrígana a retirar a cuberta dunha escaleira en Cambre porque incumpre a distancia coa estrada nacional

Unha estrutura para poñer a cuberto a cadeira eléctrica para subir ata a vivenda

Unha carta de Fomento di que infrinxe os 25 metros que ten que distar da vía

A sanción vai dos 15.001 aos 300.000 euros

Estrutura que Olga tivo que retirar
Marta González Salve 10/11/2021 14:10

Olga ten que subir e baixar as escaleiras exteriores da súa casa a diario, unha tarefa complicada aos seus 75 anos, polo que decidiu instalar unha estrutura que protexese das inclemencias do tempo a cadeira eléctrica coa que pretendía salvar o esforzo e perigo que lle supón.

A sorpresa foi cando recibiu unha carta de Fomento informándoa da infracción que supón a instalación da estrutura por riba dunha escaleira xa existente por incumprir o artigo 33 a lei 37/2015 no que establece o límite de edificación a 25 metros da estrada para non afectar a circulación.

Ante a posibilidade de ser sancionada cunha multa de entre 15.001 e 300.000 euros, decidiu retirar a montaxe.

Pide que alguén lle dea unha solución para que tanto ela como a súa nai poidan seguir vivindo na súa casa e non ter que trasladarse a un piso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos