Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezasete persoas desaloxadas na Guarda por un escape de gas

Dezasete persoas desaloxadas na Guarda por un escape de gas

Non hai que lamentar danos persoais, pero os veciños pasaron a noite nun hotel da vila

G24.gal 30/05/2024 08:32 Última actualización 30/05/2024 10:31

Unha vintena de persoas tiveron que deixar as súas viviendas por unha fuga no depósito de gas dun edificio na Guarda (Pontevedra). Aconteceu na rúa Coruña minutos antes das 21 horas deste mércores e non precisou asistencia sanitaria ningunha delas.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido a través da chamada dun dos veciños, que explicaba que o depósito estaba situado no tellado e que unha das tubaxes estaba perdendo gas.

O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES da Guarda e os técnicos da empresa subministradora do gas.

Os efectivos do GES da Guarda confirmaron a existencia dunha fuga cando chegaron ao lugar, polo que solicitaron a colaboración dos técnicos da empresa xestora.

Os servizos de emerxencias evacuaron dezasete veciños antes de baleirar o depósito, tras o que puideron retornar ás súas vivendas pasadas as 7 horas deste xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade