Publicador de contidos
Publicador de contidos

Operación Ollomol: sete detidos en Ferrol por tráfico de drogas

Operación Ollomol: sete detidos en Ferrol por tráfico de drogas

Tamén foi localizada unha "granxa de minería de criptomoedas" de carácter ilegal

G24.gal 21/07/2022 17:19

En Ferrol, axentes da Policía Nacional detiveron sete persoas acusadas de pertenceren a unha organización criminal que se dedicaba ao transporte e distribución de droga en Galicia.

Na denominada operación Ollomol foron comisadas 7.000 doses de heroína, 17.000 euros en efectivo e tres vehículos, entre outros efectos.

Tamén foi localizada unha "granxa de minería de criptomoedas" de carácter ilegal, que era empregada polo máximo responsable desta organización para branquear os cartos obtidos coa venda destas substancias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade