Publicador de contidos
Publicador de contidos

O éxito da Semana Santa galega dá paso ás aglomeracións nos aeroportos e estacións de trens

O éxito da Semana Santa galega dá paso ás aglomeracións nos aeroportos e estacións de trens

Reforzo dos servizos ao concentrarse a maioría dos desprazamentos nesta xornada

Só no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro están programadas 72 operacións

Operación retorno de Semana Santa no aeroporto Santiago-Rosalía de Castro
G24.gal 09/04/2023 14:18 Última actualización 09/04/2023 16:11

A operación retorno percibiuse ben desde primeira hora nas estacións de tren e nos aeroportos galegos, que rexistran este domingo, en total, 126 operacións. 

Dezaoito vagóns levaba hoxe o Alvia das 10:20 horas que saía de Santiago cara a Madrid. Completo desde hai días. Ía cargado de turistas, peregrinos que desandaban o camiño e de galegos que fan vida na capital e daban por rematadas as vacacións.

Hora e media despois saía o seguinte tren cara a Madrid, e outros tres circulan pola tarde. Nos aeroportos o tráfico tamén aumentou durante esta xornada: 27 voos na Coruña, outros tantos en Vigo e 72 no Rosalía de Castro.

O domingo de Pascua, ademais de ser data de volta para a xente de aquí que foi de vacacións, é día de retorno para a emigración que ata dentro de tres meses non volve polo país. Polo momento, non se rexistraron incidencias nos transportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade