Cargando resultados...
Orde de afastamento para un mozo que tentou matar a nai en Carnota
Orde de afastamento para un mozo que tentou matar a nai en Carnota
O xuíz acúsao dun delito de homicidio en grao de tentativa
Xulgado de Muros
G24.gal
26/04/2023 17:59
Última actualización 26/04/2023 18:28
Un xulgado de Muros deixa en liberdade con cargos o mozo que supostamente intentou matar a nai en Carnota.
O xuíz acúsao dun delito de homicidio en grao de tentativa e ditou contra el unha orde de afastamento da súa familia.
Os feitos ocorreron na localidade do Pindo o pasado xoves.
Segundo fontes da investigación, o mozo pegoulle á nai na cabeza cunha pa mentres estaban na casa familiar.
Despois, fuxiu a Santiago, onde reside. Horas máis tarde, foi detido pola policía.