Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ordenan desaloxar 3.000 persoas polo risco de erupción na Illa de São Jorge, nos Azores

Ordenan desaloxar 3.000 persoas polo risco de erupción na Illa de São Jorge, nos Azores

As autoridades manteñen a alerta 4 de risco por erupción

Ducias de persoas xa abandonaron a illa ante o temor a un tremor destrutivo ou a un volcán

Alberto Mancebo 25/03/2022 09:55

O Goberno dos Azores exixe o desaloxo dunhas 3.000 persoas ante a alerta de erupción volcánica na Illa de São Jorge. Aínda así, durante toda a semana ducias de persoas xa fuxiron da illa porque o temor é grande.

São Jorge esta vivindo unha situación moi parecida á que viviu A Palma os días previos á erupción do seu volcán o ano pasado. A diferenza é que esta illa dos Azores, de 8.500 habitantes, é tres veces máis pequena ca a Palma, e unha erupción volcánica requiriría a evacuación completa.

O enxame sísmico comezou o sábado pasado: uns 2.000 tremores xa, dos cales 150 foron perceptibles para a poboación, que comezou a poñerse nerviosa lembrando outros episodios destrutivos do arquipélago portugués, o último un gran tremor nos anos 80, que deixou 70 mortos.

Agora, o risco de erupción é real, están en alerta catro dos cinco volcáns que hai, e o Goberno autónomo xa aumentou a frecuencia dos voos para quen queira deixar São Jorge e ten preparado un plan de continxencia para actuar o máis rápido posible. Polo de agora, a zona de máis perigo vai ser desaloxada.

É a área da illa, por certo, que ten máis infraestruturas e máis potencial turístico. Sería unha catástrofe nunha das zonas máis desfavorecidas economicamente de Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade