Cargando resultados...
Ordenan o ingreso en prisión da muller discapacitada sospeitosa de matar o seu bebé en Sevilla
Ordenan o ingreso en prisión da muller discapacitada sospeitosa de matar o seu bebé en Sevilla
Entrará no cárcere de Alcalá de Guadaíra cando reciba a alta médica
G24.gal
28/04/2023 21:05
Última actualización 28/04/2023 21:18
Unha vez reciba a alta médica, ingresará en prisión por presunto homicidio a muller discapacitada detida en Sevilla como sospeitosa de matar o seu bebé. O xulgado decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza.
A muller permanece hospitalizada no centro onde acudiu o mércores por urxencias. A policía encontrou ese mesmo día no domicilio da detida o cadáver do bebé nunha mochila. É posible que nin sequera soubese que estaba embarazada.