Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os 27 adoptan a revisión da PAC que exime de sancións e controis ambientais a pequenos agricultores

Os 27 adoptan a revisión da PAC que exime de sancións e controis ambientais a pequenos agricultores

O obxectivo é dotar os agricultores e os Estados membros dunha maior flexibilidade para cumprir determinadas condicionalidades ambientais

Tractorada na Gudiña no marco das protestas do sector agrícola do pasado mes de febreiro Tractorada na Gudiña no marco das protestas do sector agrícola do pasado mes de febreiro
G24.gal 13/05/2024 12:15

Os Vinte e sete deron este luns luz verde definitiva á revisión da revisión da Política Agraria Común (PAC) que eximirá de controis e sancións relacionados co cumprimento de requisitos ambientais ás pequenas explotacións agrarias, de menos de 10 hectáreas, para aliviar aínda máis a carga administrativa do campo.

Trátase dos regulamentos sobre os plans estratéxicos e financiamento, xestión e seguimento da PAC en resposta aos problemas atopados durante o primeiro ano de implementación da nova PAC.

A lei será asinada agora polos representantes do Consello e do Parlamento Europeo antes de publicarse no Diario Oficial e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación, a finais de maio.

A revisión do coñecido como "regulamento horizontal" aplicarase ata o final do período da actual PAC, que culmina en 2027, e algunhas das súas disposicións aplicaranse con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024.

O principal obxectivo destas propostas lexislativas é dotar os agricultores e os Estados membros dunha maior flexibilidade para cumprir determinadas condicionalidades ambientais.

Con todo, a Comisión asegura que isto non comprometerá o nivel xeral de ambición no que respecta a os obxectivos de protección ambiental e climática da política agrícola da UE.

Esta nova mostra de solidariedade da UE co sector súmase á relaxación dos requisitos ambientais asociados ás axudas da PAC que xa anunciou a Comisión a finais de febreiro co ánimo de tranquilizar as mobilizacións do campo na antesala das eleccións europeas de xuño.

Para recibir o apoio da PAC ao que teñen dereito, os agricultores deben respectar un conxunto mellorado de nove normas beneficiosas para o medio ambiente e o clima coñecidas como BCAM, un principio de condicionalidade que se aplica a preto do 90 % da superficie agrícola utilizada na UE e desempeña un papel importante na integración de prácticas agrícolas sostibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade