Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aeroportos galegos aumentan o seu número de viaxeiros respecto ao pasado novembro

Os aeroportos galegos aumentan o seu número de viaxeiros respecto ao pasado novembro

Santiago logra un 13 % máis de pasaxeiros e Vigo un 10,6 %, mentres que A Coruña incrementa nun 1 %

O aeroporto de Sá Carneiro, empregado por moitos galegos, triplica a suma dos tres anteriores

G24.gal 12/12/2024 20:28 Última actualización 12/12/2024 21:02

Os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo aumentaron máis dun 10 % o número de pasaxeiros en novembro, respecto ao mesmo mes do ano anterior; mentres que o da Coruña só un incremento de 1 %, informou este xoves a firma xestora Aena.

 

O aeroporto compostelán Rosalía de Castro bateu a súa marca histórica en novembro con 235.917 pasaxeiros, un 13 % máis que no mesmo mes de 2023, e 426 toneladas de mercadorías, un 0,1 % menos en termos interanuais. Desde principios de ano, o principal aeródromo galego rexistra 3,4 millóns de pasaxeiros, un 3 % máis que no mesmo período 2023, ademais dun total de 25.118 aeronaves que operaron e un tránsito de 4,36 toneladas de mercadorías.

Tamén o aeroporto de Vigo rexistrou un elevado crecemento en novembro respecto ao mesmo mes do ano anterior, de 10,6 %, cun total de 87.434 pasaxeiros, ademais de 27,7 toneladas de mercadoría. Desde principios de ano pasaron polo aeroporto de Peinador un total de 963.679 pasaxeiros, un 8 % menos que no mesmo período de 2023, aínda que hai que ter en conta que en maio estivo operativo só seis días debido ás obras na pista.

O aeroporto coruñés de Alvedro rexistrou 99.815 pasaxeiros en novembro, só un 1 % máis respecto ao mesmo mes do ano anterior, e 4,36 toneladas de mercadoría. Desde principios de ano, Alvedro acumula 1,13 millóns de pasaxeiros en 13.372 voos e 48,6 toneladas de mercadoría.

O Porto triplica a suma de viaxeiros dos aeroportos galegos

 

 

 

 O aeroporto de Sá Carneiro, na cidade lusa do Porto, é unha altertiva moi empregada polos galegos pola súa ampla variedade de destinos. No mes de outubro rexistrou 1,4 millóns de pasaxeiros, tres veces máis pasaxeiros que os tres aeroportos de Galicia xuntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade