Os afectados polo volcán da Palma piden transparencia no repartimento das axudas
Os afectados polo volcán da Palma piden transparencia no repartimento das axudas
A maquinaria prosegue co traballo de retirada da lava
Rematada a erupción do volcán da Palma, a incerteza e o atraso na repartición das axudas motivou unha concentración na localidade dos Llanos de Aridane.
Arredor de dúas mil persoas, moitos afectados polos danos do volcán, reclamaron celeridade e transparencia no reparto das doazóns e unha vivenda digna para as máis de cincocentas familias que perderon as súas casas.
Continúa a retirada da lava
Ademais tamén proseguen os traballos de retirada de lava. O primeiro obxectivo é desprazar a coada no cruzamento de La Laguna para recuperar así unha parte moi importante das comunicacións da zona.
Os traballos iniciábanse onte á tarde, primeiro cunha cata manual e despois empregando maquinaria. Ata catro metros de lava retiráronse ao tempo que se medían gases e temperatura con resultados positivos, xa que a única presenza de gases que houbo foi vapor de auga e a temperatura máxima non superou os 120 graos.