Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os apupos a ERC na ofrenda marcan o comezo da Diada da división independentista

Os apupos a ERC na ofrenda marcan o comezo da Diada da división independentista

Aragonés non vai asistir á manifestación da ANC pola Diada: "Vai contra partidos e non contra o Estado"

A esquerda independentista convocou marchas en Barcelona, Xirona, Lleida e Reus

G24.gal 11/09/2022 12:42

Os apupos de decenas de independentistas a ERC na tradicional ofrenda ao monumento a Rafael Casanova en Barcelona marcaron este domingo o inicio das celebracións da Diada do 11 de setembro, moi condicionada este ano pola división no seo do soberanismo.

A polémica dos últimos días pola decisión do presidente catalán Pere Aragonès e dos consellers de ERC de non asistiren á manifestación da Diada que organiza a ANC, polo seu enfoque crítico coa estratexia de diálogo do Govern, converteu os republicanos en branco das iras dunha parte do independentismo.

A manifestación deste domingo é interpretada por moitos analistas como un exame que medirá o divorcio entre o independentismo e a rúa. Os representantes dos partidos, que este domingo participaron nas tradicionais ofrendas florais, non agocharon a busca de novos camiños para intentar reconectar coa sociedade catalá.

Queren pasar páxina tras anos de confrontación, pero tampouco están dispostos a dar pasos en falso. A vía do diálogo é incerta nun contexto marcado pola fraxilidade política e a división.

Baixo o lema "11-S e 1-O : Volvamos para vencer", a marcha da Diada en Barcelona, que atrae máis aos simpatizantes de Junts, iniciará o seu percorrido na Avenida Paral.lel, para rematar no parque da Ciutadella, enfronte do Parlament.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade