Cargando resultados...
Os bares rurais reinvindican o seu papel contra o despoboamento
Os bares rurais reinvindican o seu papel contra o despoboamento
O Congreso dos Deputados tramitará protexelos como bens de interese xeral en municipios de menos de 200 habitantes
G24.gal
24/04/2023 16:42
Os bares rurais reivindican o seu papel contra o despoboamento. As tabernas rurais serven de punto de encontro e servizos dunha poboación envellecida e dispersa, e ter pouca clientela non é bo negocio. Estes bares esmorecen e con eles o último reduto social dalgunhas zonas rurais.
Teruel Existe foi quen avogou por consideralos ben de interese xeral, para que accedan a rebaixas fiscais e axudas. A proposta vaise tramitar no Congreso, pero para concellos de menos de 200 habitantes, así que Galicia, en principio, non se beneficiaría da medida pensada para que estes bares sigan sendo parada obrigatoria por moitos anos.