Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esgotados os billetes de tren entre Santiago e Madrid para a fin de semana

Esgotados os billetes de tren entre Santiago e Madrid para a fin de semana

A operación retorno do Nadal transcorre sen incidentes nos aeroportos e nas estacións

Si houbo atraso nalgún voo e mesmo unha conexión foi desviada por mor do temporal

G24.gal 07/01/2023 21:33 Última actualización 07/01/2023 21:56

Os billetes de tren de Santiago a Madrid e tamén a Barcelona esgotáronse para esta fin de semana. Tras as vacacións do Nadal, os traballos, os estudos e as rutinas agardan. Toca volver.

"Volvo a Salamanca, que estou estudando alí".

"Agora volvemos a Madrid e pensamos nas próximas vacacións".

"O luns, a traballar", contan os pasaxeiros.

Similar trasfego de viaxeiros e maletas houbo no aeroporto de Santiago. O domingo será o día de máis actividade aérea desta operación retorno, con algo máis dun cento de conexións nas tres terminais galegas.

"Vivimos nas Palmas de Gran Canaria pero temos aquí a toda a familia, así que, sempre procuramos volver no Nadal, na Semana Santa e nos veráns. Agora acábanse os días de vacacións e toca volver á rutina". 

"Agora toca volver ao colexio, pero polo menos vin a familia". 

"Empezo este luns con ganas de ver os meus amigos".

"Eu levo aló 30 anos e vir e ir é un trastorno porque ao final sempre vas e vés. Pero é bonito tamén". 

O temporal obrigou a desviar un voo procedente de Madrid con destino a Peinador, que aterrou en Santiago. E demorouse un avión con destino a Basilea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade