Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os catro primeiros barcos descargan 40.000 quilos de bonito en Burela

Os catro primeiros barcos descargan 40.000 quilos de bonito en Burela

A costeira do bonito comezou cunha semana de adianto en relación coa campaña do ano pasado

G24.gal 06/06/2023 13:17

A costeira do bonito comezou este martes no porto lugués de Burela, onde os catro primeiros barcos en chegar á dársena nesta campaña descargaron un total de 40.000 quilos de peixe.

O xerente de Armadores de Burela, Miguel Neira, quen indicou que todo o peixe foi poxado a un prezo máximo en lonxa de 11,6 euros o quilo do chamado príncipe azul que chega cada verán.

Miguel Neira comentou ademais que este ano a costeira do bonito comezou cunha “semana de adianto” en relación coa campaña do pasado ano.

E, en canto ás perspectivas para esta nova costeira, avanzou que tanto a frota que está no mar como os barcos que foron chegando a terra coinciden en que “o volume de capturas está a ser satisfactorio”.

En canto a eses catro barcos que descargaron os primeiros bonitos de Burela, só un ten a súa base neste peirao. As outras tres son embarcacións do País Vasco, de Fuenterrabía e Bermeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade