O Instituto Español de Oceanografía di que "non hai xustificación" para prohibir a pesca de palangre ou a volanta
O Instituto Español de Oceanografía di que "non hai xustificación" para prohibir a pesca de palangre ou a volanta
O Instituto Español de Oceanografía di que "non hai xustificación" para prohibir a pesca de palangre ou a volanta
O xefe de pesqueiras do Instituto Español de Oceanografía, Pablo Abaunza, di que Bruxelas utilizou informes de xeito nesgado
Os científicos confirman que non hai ningún estudo para xustificar que a Comisión Europea prohibira a pesca en 87 zonas das augas comunitarias.
O xefe de pesqueiras do Instituto Español de Oceanografía, Pablo Abaunza, di que Bruxelas utilizou informes de xeito nesgado. Afirma que non hai ningunha proba de que o palangre ou a volanta danen os corais, como di a Comisión Europea.
Ademais dixo sentirse doído. "Dóeme que se diga que hai criterios científicos e iso non é certo".
Abaunza falaba así no Galicia por diante: "Cremos que non hai xustificación científica para pechar esas zonas de ecosistemas mariños vulnerables ás artes fixas e ó palangre de fondo. Non nai ningunha información científica do impacto, a intensidade e a significancia desas artes nestes ecosistemas. Polo tanto, cremos que é moi precipitada esta decisión e moi nesgada".
"Estamos moi preocupados por esta regulamentación porque cremos que di que se basea en coñecementos científicos e non é certo de todo. Por iso, pedimos que se revise e que por favor que collan os datos cando os teñamos e que daquela os analicen ben, pero non desta forma. Non estamos para nada de acordo".
"Estamos traballando en varios proxectos e consideramos que a Comisión Europea debería esperar un ou dous anos a ter eses datos e entón aplicar o que sexa preciso, pero deberiamos ter primeiro eses datos".